Pura Vázquez, poetisa, naceu en Ourense, en 1918 onde estudou Primaria, Bacharelato e Maxisterio Comezou escribir e publicar desde moi nova na prensa e nas revistas galegas, desde os primeiros anos do Bacharelato alternou sempre os estudos coa escrita. No ano 1944 publícalle a Deputación de Ourense o seu primeiro libro, en castelán. No ano 1952, sale na Colección Xistral, o libro Íntimas, totalmente escrito en galego. Xa nunca deixará de escribir, excepto unha tempada á morte do seu home, acadando unha extensa obra, na súa maioría en galego.
Historia archivística
Descoñecida
Alcance e conteúdo
Asistentes ao III Congreso Nacional de Poesía, reunidos ao redor da porta da casa da Matanza en Padrón, atendendo á lectura dun poema dedicado a Rosalía de Castro, que dende o van da porta realiza Pura Vázquez. O grupo sitúase de pé a ambos os lados da porta, e algúns deles sentados nas escaleiras da mesma. Entre eles: Rafael Santos Torroella, Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé Filgueira Valverde, Faustino Rey Romero e Dioniso Gamallo Fierros. Inscrición ms. no reverso: "[…]; eu, Pura, recitando na Porta da casa da Matanza, poemas a Rosalía. Xente galega e de toda España, e algún extranxeiro, poetas todos i escritores".
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: S-10-36